Implantación das normas Une de Xestión de Minaría Sostible
Guía para a implantación dun Sistema de Xestión Mineira Sostible (SXMS) baseado nas normas UNE 22480: 2019. SXMMMS. Requisitos e UNE 22470: 2019. SXMMMS. Indicadores
Que é a minaría sostible?
A minaría sostible pretende un aproveitamento racional, ordenado e eficiente dos recursos do subsolo. E facelo de forma que tanto na actividade mineira como na restauración posterior, se respecte o medio ambiente e se integre no territorio e na sociedade. A minaría sostible satisface “as necesidades do presente sen comprometer a capacidade das futuras xeracións para satisfacer as súas propias necesidades”, de acordo aos principios de Desenvolvemento Sostible da ONU.
Xerar riqueza
A minaría sostible debe ser eficiente dende o punto de vista económico e financeiro
Coidar o medio ambiente
Ten en conta os aspectos ambientais e conleva unha xestión responsable
Fomentar o desenvolvemento social
Inclúe unha xestión ético-social, proporcionando valor á súa comunidade
As Normas UNE de Xestión Mineira Sostible
Un Sistema de Xestión Mineira Sostible (SXMS) é a parte do sistema de xestión dunha organización, empregada para desenvolver e implementar unha política de sostibilidade e xestionar os seus indicadores.
Na actualidade é posible implantar e certificar un SXMS baseado nas Normas:
- UNE 22480: 2019. SXMMMS. Requisitos. Baseada no ciclo de Demming e nos requisitos comúns a outros Sistemas de Xestión que teñen demostrado ser eficaces na promoción da mellora continua.
- UNE 22470: 2019. SXMMMS. Indicadores.
- Optimización dos procesos
- Utilización eficiente dos recursos naturais.
- Investigación en I+D+i.
- Mellora da contorna de traballo (social e ambiental).
A implantación deste Sistema permite mellorar o control, por medio de indicadores, de parámetros de tipo económico, social e ambiental, podendo servir para compararse cos doutras instalacións propias ou externas dentro do sector da actividade, permitindo establecer obxectivos de mellora continua.
Novidades principais en UNE 22470:2025
Incorpórase un sistema de avaliación do desempeño dos indicadores con niveis de cumprimento (Básico, Medio, Excelencia e Nivel 0 se non se cumpre o básico), baseado na metodoloxía canadense TSM. Isto permite avaliar con maior precisión o desempeño de cada indicador.
Engádese unha valoración do grao voluntario de implantación de estándares (exemplo: Código Ético, Plan de Igualdade, cumprimento normativo, etc.) que pode mellorar a puntuación final na avaliación.
Para as PEMES e entidades non empresariais equivalentes, a aplicación destes sistemas de avaliación é voluntaria.
Intégrase unha nova sección sobre os 17 Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable (ODS) da Axenda 2030, vinculando cada indicador cun ou varios ODS.
Cambios na protección do Patrimonio Cultural e Ambiental, ampliando definicións e incluíndo a pegada de carbono como gasto ambiental.
Simplifícanse os niveis de avaliación da comunicación cos Grupos de Interese de 5 a 3 niveis, para maior claridade e enfoque.
Actualizacións en UNE 22480:2025
Inclúese a valoración voluntaria da implantación de estándares como códigos éticos, plans de igualdade, canles de denuncia e memoria de sustentabilidade, que poden mellorar a avaliación do desempeño.
Refórzase a xestión sustentable e a transparencia, integrando a sustentabilidade non só na operación técnica senón tamén na gobernanza e comunicación institucional.
Aliñase coa metodoloxía internacional TSM e cos Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable (ODS) para facilitar o seguimento e a mellora continua.
Simplifícase a comunicación cos grupos de interese, reducindo niveis de avaliación para maior claridade e facilidade de aplicación.
Mantense a voluntariedade de aplicación para PEMES e organizacións non empresariais equivalentes, adaptando as esixencias ao tamaño e capacidade.
O proceso de implantación
Beneficios da implantación dun SXMS
Optimizar procesos
Redución de tempo, custos e erros. A implantación non é un gasto, senón unha inversión
Competitividade
Mellora dos resultados de negocio grazas á optimización de procesos e á redución dos custos
Saúde laboral
Mellora da seguridade e o benestar dos empregados e reducción dos accidentes laborais
Seguridade
Aumento das garantías durante todas as etapas do ciclo mineiro, o que xera confianza no equipo
Protección do medio
Uso eficiente dos recursos naturais coas mellores técnicas dispoñibles e rehabilitación do espazo
Beneficios engadidos da certificación
Prestixio
Durante o proceso de implantación xéranse relacións coas partes interesadas (clientes, provedores, medios, administración...)
Imaxe
Mostrar unha certificación nos elementos de comunicación da empresa mellora a imaxe da organización
Confianza
Obter a certificación mostra a todos os axentes sociais que a industria mineira é compatible co desenvolvemento sostible
Contacto
Se desexas recibir asesoramento para implantar as Normas UNE de Xestión de Minaría Sostible na túa empresa, non dubides en contactar coa Cámara Oficial Mineira de Galicia.

