Implantación das normas Une de Xestión de Minaría Sostible

Guía para a implantación dun Sistema de Xestión Mineira Sostible (SXMS) baseado nas normas UNE 22480: 2019. SXMMMS. Requisitos e UNE 22470: 2019. SXMMMS. Indicadores

Que é a minaría sostible?

A minaría sostible pretende un aproveitamento racional, ordenado e eficiente dos recursos do subsolo. E facelo de forma que tanto na actividade mineira como na restauración posterior, se respecte o medio ambiente e se integre no territorio e na sociedade. A minaría sostible satisface “as necesidades do presente sen comprometer a capacidade das futuras xeracións para satisfacer as súas propias necesidades”, de acordo aos principios de Desenvolvemento Sostible da ONU.

Creación de riqueza

Xerar riqueza

A minaría sostible debe ser eficiente dende o punto de vista económico e financeiro

Cuidado medio ambiente

Coidar o medio ambiente

Ten en conta os aspectos ambientais e conleva unha xestión responsable

Aislamiento acústico negativo

Fomentar o desenvolvemento social

Inclúe unha xestión ético-social, proporcionando valor á súa comunidade

As Normas UNE de Xestión Mineira Sostible

Un Sistema de Xestión Mineira Sostible (SXMS) é a parte do sistema de xestión dunha organización, empregada para desenvolver e implementar unha política de sostibilidade e xestionar os seus indicadores. 

Na actualidade é posible implantar e certificar un SXMS baseado nas Normas:

  • UNE 22480: 2019. SXMMMS. Requisitos. Baseada no ciclo de Demming e nos requisitos comúns a outros Sistemas de Xestión que teñen demostrado ser eficaces na promoción da mellora continua.
  • UNE 22470: 2019. SXMMMS. Indicadores.
A implantación e certificación dun SXMS funciona como un sistema de excelencia, supón un aval de sostibilidade que non só xera conciencia nas partes implicadas no proceso produtivo, senón que tamén orixina confianza no radio de acción da actividade e no consumidor. Esta implantación baséase na:
  • Optimización dos procesos
  • Utilización eficiente dos recursos naturais.
  • Investigación en I+D+i.
  • Mellora da contorna de traballo (social e ambiental).

A implantación deste Sistema permite mellorar o control, por medio de indicadores, de parámetros de tipo económico, social e ambiental, podendo servir para compararse cos doutras instalacións propias ou externas dentro do sector da actividade, permitindo establecer obxectivos de mellora continua.

O proceso de implantación

Beneficios da implantación dun SXMS

Prestigio y confianza

Optimizar procesos

Redución de tempo, custos e erros. A implantación non é un gasto, senón unha inversión

Competitividad

Competitividade

Mellora dos resultados de negocio grazas á optimización de procesos e á redución dos custos

Equidad azul

Saúde laboral

Mellora da seguridade e o benestar dos empregados e reducción dos accidentes laborais

Mejora de imagen

Seguridade

Aumento das garantías durante todas as etapas do ciclo mineiro, o que xera confianza no equipo

Creación de riqueza

Protección do medio

Uso eficiente dos recursos naturais coas mellores técnicas dispoñibles e rehabilitación do espazo

Beneficios engadidos da certificación

Prestixio

Durante o proceso de implantación xéranse relacións coas partes interesadas (clientes, provedores, medios, administración...)

Imaxe

Mostrar unha certificación nos elementos de comunicación da empresa mellora a imaxe da organización

Confianza

Obter a certificación mostra a todos os axentes sociais que a industria mineira é compatible co desenvolvemento sostible

Contacto

Se desexas recibir asesoramento para implantar as Normas UNE de Xestión de Minaría Sostible na túa empresa, non dubides en contactar coa Cámara Oficial Mineira de Galicia.